Monday 29 de April de 2024

O Concello de Malpica convoca á veciñanza a participar nun concurso que servirá posteriormente como exposición permanente en recordo á crise sanitaria


Trátase dun proceso participativo, con título ‘Rúa de Contos’, que constará na elaboración de microrrelatos versados no ‘que acontecerá despois do confinamento’.
O Concello de Malpica convoca á veciñanza a participar nun
concurso que servirá posteriormente como exposición permanente en recordo á crise
sanitaria que estamos a vivir. A iniciativa iniciouse pola concellaría de Cultura do
Concello de Malpica.
Trátase dun proceso participativo que constará na elaboración de microrrelatos
versados no ‘que acontecerá despois do confinamento’. Os textos deberán estar
escritos en lingua galega e cada persoa só pderá facer unha proposta de relato para
incluír nesta ‘Rúa de Contos’.
Os relatos terán unha extensión mínima de 50 palabras e máxima de 75 sen contar o
título. As obras que se presenten deberán ser orixinais que non se tivesen publicado
con anterioridade en ningún formato.
Establécense tres categorías: infantil (ata 11 anos), xuvenil (de 12 a 17 anos) e
adultos/as (18 anos en diante). O prazo para a presentación dos textos estará aberto
desde as 00:01 do 23 de abril, Día Internacional do Libro, ata as 23:59 horas do 13 de
maio de 2020.
Os textos enviaranse por enderezo electrónico á dirección
educacionecultura.malpica@gmail.com . O xurado escollerá ás tres persoas gañadoras,
e os tres ‘accésit’ estarán elixidos polas redes sociais. As bases poden consultarse na
páxina web do Concello de Malpica, así como no seu perfil oficial de Facebook.
Unha lembranza do confinamento
As tres obras seleccionadas polo xurado, e as tres obras seleccionadas polo público
editaranse sobre pezas de barro de Buño, na rúa que determine o Concello de Malpica.

NOTA DE PRENSA CONCELLO DE MALPICA

DEPARTAMENTO DE PRENSA
CONCELLO DE MALPICA – TF MÓVIL: 627488849
É por isto que suporá unha lembranza sempiterna nas calexas do rueiro malpicán,
dunha época da vida que a toda persoa que lle tocou vivila de seguro non esquecerá.